Publicacións

XVIII Certame Xan Viaño de creación musical

Imaxe
Unha nova cita no Xan Viaño que non podemos perder! Mañá mércores ás 19:00 h teremos o concerto da estrea absoluta das obras do XVIII Certame "Xan Viaño" de creación musical . Escoitaremos a música de Nerea Ameneiro, Ana Jiménez, Daniel Barrán, Nora Luaces, Aitana Tizón, Icía Gómez, Álex Armán, Clara Conchillo e Marta Monteagudo, todos eles... os nosos compositores e compositoras do Xan Viaño! Parabéns a todos eles e ao Departamento de Fundamentos de Composición pola organización deste certame, un clásico xa do Xan Viaño.  

Aula de violoncello Clara Groba

Imaxe
  Unha das nosas aulas de violoncello leva o nome de Clara Groba, profesora do Conservatorio da Coruña durante máis de 25 anos.  O seu labor como profesora de violoncello formou a moitos dos actuais intérpretes deste instrumento do panorama actual. Ela mesma foi un referente do violoncello en Galiza, mais un dos piares fundamentais de toda a súa labor, foi sen dúbida a difusión do noso patrimonio artístico e musical, formando parte durante 18 anos da Orquestra de Cámara Galega e difundindo por todo o mundo a obra do seu pai, Rogelio Groba, así como a de outros e outras autoras galegas. Hoxe temos a inmensa sorte de compartir con vós unha obra composta pola propia Clara Groba, Un intre en sol. A esta fermosísima e emocionante peza, dálle vida unha das profesoras de violoncello do CMUS Xan Viaño, Isabel Font, e á quen lle damos as grazas de corazón por permitirnos manter vivo o legado de Clara.

O Xardín de Margarita

Imaxe
Remataron as clases mais aínda temos moitas cousas lindas que compartir con vós. Presentámosvos  un conto musical de Juan Durán, prolífico autor vigués, que foi gravado polo alumnado de piano e piano complementario do Xan Viaño con toda a ilusión, dende os primeiros cursos ata os últimos. Queremos agradecer a todo o alumnado e  profesorado participante por colaborar en todas estas iniciativas. Estade atentos, temos máis sorpresas preparadas!

As aulas galegas no Xan Viaño!!

Imaxe
Compartimos este vídeo realizado polo EDLG coa colaboración dos profes do Xan Viaño, no que amosamos con orgullo as nosas aulas galegas. Trátase dunha pequena mostra dalgunhas das aulas nomeadas este curso con nomes de figuras galegas destacadas no mundo da música, iniciativa enmarcada dentro do proxecto O galego é música. Moitas grazas a todos os profesores e profesoras que se animaron a saír e compartir o nome da súa aula con todos nós!

Pauvre Polichinelle! Marcha funèbre de Marcial del Adalid

Imaxe
Aínda que xa rematamos as clases, séguennos chegando vídeos de obras de compositores galegos traballadas durante este curso dentro do proxecto O galego é música . Hoxe compartimos  Pauvre Polichinelle! Marcha funèbre do galego Marcial del Adalid, interpretada por Nora Luaces Mesías, alumna de 4º GP de piano complementario. Na seguinte ligazón podedes acceder a entrada do noso blog onde falamos de Marcial del Adalid, que como sabedes, dá nome a nosa aula 37: https://xanvianolinguagalega.blogspot.com/2021/11/aula-37-aula-marcial-del-adalid.html Tamén no seguinte vídeo realizado polo EDLG, podedes aprender máis sobre a súa vida e obra: https://youtu.be/GLd2gorlhxQ Moitísimas grazas a Nora e ás súas profesoras Raquel Paz e Carla Lorenzo por participar no noso proxecto!

Aula 14: Xoán Montes. Negra sombra.

Imaxe
 Cando penso que te fuches negra sombra que me asombras, ó pe dos meus cabezales tornas facéndome mofa.  Cando maxino que es ida no mesmo sol te me amostras i eres a estrela que brila i eres o vento que zoa.  Si cantan, es ti que cantas si choran, es ti que choras i es o marmurio do río i es a noite, i es a aurora.  En todo estás e ti es todo pra min i en min mesma moras, nin me abandonarás nunca, sombra que sempre me asombras. Con estes intensos versos de Rosalía de Castro (1837-1885) compostos dende a profundidade da alma, Xoán Montes (1840-1889) inspirouse para crear a súa fráxil pero fermosísima melodía da peza Negra sombra composta en 1892 para o Certame Literario, Científico e Musical de Pontevedra. O impacto causado pola maxestosa combinación de notas e conxugacións dunha melodía tan simple, tan sinxela pero tan sublime á vez, fíxolle proclamarse gañador do accésit no concurso nomeado. Esta peza, escollida e gravada polos dous grandes profesores do noso conse...

Concerto das Letras Galegas 2022

Imaxe
 Onte celebramos o días das Letras Galegas da mellor forma posible, con letras e con música galega, nas mans dos nosos queridos alumnos e alumnas do Xan Viaño. Vivimos todos unha fermosa xornada chea de emocións, na que os intérpretes fixeron visible a música dos compositores e compositoras galegas, os pasados e os actuais, e na que reivindicamos a súa música como parte da nosa cultura e o noso patrimonio. Escoitamos música das especialidades de guitarra, piano, gaita, fagot, acordeón, violín... así como tamén a actuación da Banda de 3º a 6º GP que pechou o concerto co noso Himno Galego.  Houbo tamén minutos para a música tradicional galega, a cargo de dous grupos formados por alumnado dos últimos cursos de GP, e no que ata contamos con baile tradicional. Queremos dar as grazas ao Concello de Ferrol, por cedernos o Teatro Jofre nesta data tan sinalada, e tamén o noso agradecemento aos técnicos e persoal do Jofre por tratarnos sempre de forma tan profesional. Grazas a todo o pr...