Publicacións

Felices Festas!

Imaxe
  Remata este 2020 e queremos desexarvos felices festas. Agradecemos a todo o alumnado e profesorado que colaborou nestes tempos con este equipo de Dinamización da Lingua nesta volta ao cole tan especial. Aos que poidades achegarvos a Ferrol, recoméndamosvos aproveitar estas festas para pasear polas súas rúas e coñecer un pouquiño máis a figura de Carvalho Calero, nesta exposición ao aire libre diante do Concello de Ferrol. Bo Nadal e feliz 2021!

Concerto "As mulleres na música galega"

Imaxe
O vindeiro mércores 23 de decembro ás 12:30 h no Teatro Jofre de Ferrol, terá lugar un concerto moi especial "As mulleres na música galega", no que actuará Sofia Oriana Infante, antiga alumna do CMUS Xan Viaño de Ferrol.  Parabéns pola iniciativa de promover o papel da muller na música galega! Dende o Equipo de Dinamización da lingua animámosvos a que non faltedes!  

II Parladoiro do Xan Viaño

Imaxe
  Compartimos no noso blog esta iniciativa do Equipo de Dinamización da Convivencia que por segundo ano convida a todo alumnado e profesorado do Xan Viaño a unha nova edición do parladoiro do Xan Viaño. Unha bonita xornada de reencontro con antigos alumnos e alumnas dispostos a compartir as súas experiencias e consellos coas novas xeracións sobre distintas especialidades musicais (Interpretación, Pedagoxía, Musicoloxía). Nesta segunda edición contaremos con: Javier Rivas Rodríguez Estefanía Bustabad Rodríguez Sara Permuy Blanco Marta Varela Porto Estefanía Rodríguez Rodríguez Pablo Teijeiro Galdo Todos e todas voltan ao Xan Viaño, que foi e será a súa casa, aínda que sexa virtualmente nesta ocasión, o venres 18 de decembro ás 16 horas. Non o perdas! Os interesados e interesadas deben poñerse en contacto co Equipo de Dinamización da Convivencia para poder acceder á videoconferencia a través do correo convivenciaxanviano@gmail.com Parabéns a Catuxa Pita, profesora de Linguaxe Mu...

Grandes novidades na nosa biblioteca!

Imaxe
A biblioteca do Xan Viaño vai aumentando os seus fondos, e nesta ocasión temos dúas novidades ben interesantes!  Como non, a biblioteca José Fontenla Leal non pode deixar de homenaxear a Ricardo Carvalho Calero e ofrécenos xa a posibilidade de gozar do seu breve relato, As pitas baixo a choiva e tamén de Ricardo Carvalho Calero, Coraçom de terra , novela biográfica sobre a figura do autor ferrolán, en páxinas ilustradas de banda deseñada. Non o perdades!

Concurso Ricardo Portela

Imaxe
  Este ano 2020 foi o ano Beethoven, o ano Tartini, e tamén o ano do noso querido gaiteiro, Ricardo Portela.   O equipo de dinamización da Lingua galega comprácese en convidar a todo o Xan Viaño a participar nun concurso homenaxe desta figura emblemática da cultura galega. Propoñemos o programa Alalá adicado a Ricardo Portela como inspiración para os vosos proxectos.  Alalá nº 111 "Ricardo Portela" - TVG - YouTubewww.youtube.com › watch A continuación deixámosvos as bases do concurso. Ánimo e a participar!!! BASES CONCURSO RICARDO PORTELA Neste ano 2020, centenario do nacemento do gran gaiteiro Ricardo Portela, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega xunto co Departamento de Música Tradicional, convoca un concurso de creación artística para rendirlle homenaxe, a esta figura emblemática da cultura galega co obxectivo de dar a coñecer a súa figura, difundir o seu legado e o seu estilo e técnica interpretativa. 1. DESTINATARIOS Poderán participar todos os alumnos e alumn...

Musicando a Carvalho Calero

Imaxe
 Alumnas e alumnos de Piano complementario do Xan Viaño, súmanse á homenaxe que dende o noso centro queremos renderlle este ano á figura de Carvalho Calero. Nas vindeiras semanas iremos compartindo traballos realizados por estas alumnas e alumnos, nos que, para un poema de Carvalho Calero adaptan unha das estruturas harmónicas traballadas na clase de Piano complementario. Eles poñen todo, a súa voz na poesía e a música de fondo interpretada no piano... o resultado é verdadeiramente fermoso.    Hoxe compartimos a primeira fornada destes traballos das alumnas Candela Rañal (5º GP), María López Carballo (5º GP) e Blanca Alvariño (4º GP), pero xa vos adiantamos que estanse a preparar máis, que pronto publicaremos. Grazas a todas as alumnas e alumnos que participan nesta proposta, polo seu esforzo e dedicación, xa que aínda que na maioría dos casos o piano non é a súa especialidade instrumental, fanno extraordinariamente ben. Parabéns! Grazas á profesora de Piano complementari...

O Xan Viaño e Carvalho Calero

Imaxe
 Inauguramos un novo apartado do noso blog adicado ao escritor ferrolán Carvalho Calero, ao que se lle adica este ano 2020 o Día das Letras Galegas. Tal día como o de onte, un 30 de outubro do 1910, nacía no barrio de Ferrol Vello esta figura tan importante da cultura galega.  Ao longo do curso, iremos publicando no blog diferentes traballos sobre Carvalho Calero relacionados coa vida e obra deste gran autor.  Hoxe queremos compartir un video realizado pola Semente de Trasancos na que homenaxean a Carvalho Calero coa divulgación do seu primeiro poema en galego A Galiza que escribiu cando só tiña 15 anos. A música do video é o Alalás das Mariña s interpretado por Milladoiro e a voz que recita o poema e a de Omar Yáñez Calderón, alumno de gaita e canto do noso conservatorio. Parabéns a Semente de Trasancos e a Omar por esta fermosa homenaxe.