O Xan Viaño e Carvalho Calero

 Inauguramos un novo apartado do noso blog adicado ao escritor ferrolán Carvalho Calero, ao que se lle adica este ano 2020 o Día das Letras Galegas. Tal día como o de onte, un 30 de outubro do 1910, nacía no barrio de Ferrol Vello esta figura tan importante da cultura galega.

 Ao longo do curso, iremos publicando no blog diferentes traballos sobre Carvalho Calero relacionados coa vida e obra deste gran autor.

 Hoxe queremos compartir un video realizado pola Semente de Trasancos na que homenaxean a Carvalho Calero coa divulgación do seu primeiro poema en galego A Galiza que escribiu cando só tiña 15 anos. A música do video é o Alalás das Mariñas interpretado por Milladoiro e a voz que recita o poema e a de Omar Yáñez Calderón, alumno de gaita e canto do noso conservatorio.


Parabéns a Semente de Trasancos e a Omar por esta fermosa homenaxe.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recuncho de Rosalía

I Concurso Falamus!

Día de Rosalía no Xan Viaño