Musicando a Carvalho Calero

 Alumnas e alumnos de Piano complementario do Xan Viaño, súmanse á homenaxe que dende o noso centro queremos renderlle este ano á figura de Carvalho Calero. Nas vindeiras semanas iremos compartindo traballos realizados por estas alumnas e alumnos, nos que, para un poema de Carvalho Calero adaptan unha das estruturas harmónicas traballadas na clase de Piano complementario. Eles poñen todo, a súa voz na poesía e a música de fondo interpretada no piano... o resultado é verdadeiramente fermoso.   

Hoxe compartimos a primeira fornada destes traballos das alumnas Candela Rañal (5º GP), María López Carballo (5º GP) e Blanca Alvariño (4º GP), pero xa vos adiantamos que estanse a preparar máis, que pronto publicaremos.

Grazas a todas as alumnas e alumnos que participan nesta proposta, polo seu esforzo e dedicación, xa que aínda que na maioría dos casos o piano non é a súa especialidade instrumental, fanno extraordinariamente ben. Parabéns!

Grazas á profesora de Piano complementario Raquel Paz por animar ás súas alumnas e alumnos a participar nesta iniciativa do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Suso Iglesias, profesor encargado das Tic's e asiduo colaborador do noso blog, pola achega de moitas das imaxes empregadas nos videos.

Esperamos que gocedes da música e da poesía de Carvalho Calero nesta humilde homenaxe dende o Xan Viaño.













Comentarios

  1. Parabéns a Candela Rañal, Blanca Alvariño e María López polos seus vídeos, pola súa interpretación e creación musical, polo seu recitado e pola súa implicación, así como á súa profesora Raquel Paz e a Alma Cendán e Alexandra Pita pola iniciativa.

    Uns momentos feiticeiros que contribúen á difusión da figura de Ricardo Carvalho Calero.

    Grazas por compartilo con todos nós.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitísimas grazas Catuxa polos túas palabras, que sempre nos animan a seguir adiante cos nosos proxectos a favor da lingua e cultura galega.

      Eliminar
  2. Fermosas composicións de piano, fotomontaxe e espresión lírica. Parabéns a alumnas profesor e profesora. Para as que fumos alumnas de D. Ricardo é moi emocionante. Grazas, amodiño non tropo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitísimas grazas Charo polos túas verbas. Comentarios así, anímannos moitísimo a seguir traballando a prol da dinamización da nosa lingua e cultura. Grazas por seguirnos.

      Eliminar
  3. Parabéns por este proxecto.Bravo polas alumnas e bravo pola mestra!
    Un fermoso traballo,coa nosa lingua nai e a nai de todalas linguas,a música!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitísimas grazas! Os vosos comentarios dannos folgos para seguir adiante cos proxectos que temos programados a prol da lingua e cultura galega, onde a música por suposto, non pode faltar. Grazas por seguirnos!

      Eliminar
  4. Parabéns por este proxecto.Bravo polas alumnas e bravo pola mestra!
    Un fermoso traballo,coa nosa lingua nai e a nai de todalas linguas,a música!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Recuncho de Rosalía

I Concurso Falamus!

Día de Rosalía no Xan Viaño