II Parladoiro do Xan Viaño
Compartimos no noso blog esta iniciativa do Equipo de Dinamización da Convivencia que por segundo ano convida a todo alumnado e profesorado do Xan Viaño a unha nova edición do parladoiro do Xan Viaño. Unha bonita xornada de reencontro con antigos alumnos e alumnas dispostos a compartir as súas experiencias e consellos coas novas xeracións sobre distintas especialidades musicais (Interpretación, Pedagoxía, Musicoloxía).
Nesta segunda edición contaremos con:
Javier Rivas Rodríguez
Estefanía Bustabad Rodríguez
Sara Permuy Blanco
Marta Varela Porto
Estefanía Rodríguez Rodríguez
Pablo Teijeiro Galdo
Todos e todas voltan ao Xan Viaño, que foi e será a súa casa, aínda que sexa virtualmente nesta ocasión, o venres 18 de decembro ás 16 horas. Non o perdas!
Os interesados e interesadas deben poñerse en contacto co Equipo de Dinamización da Convivencia para poder acceder á videoconferencia a través do correo convivenciaxanviano@gmail.com
Parabéns a Catuxa Pita, profesora de Linguaxe Musical, polo fermoso cartaz que fixo para esta segunda edición.
Comentarios
Publicar un comentario