Concurso Ricardo Portela
Este ano 2020 foi o ano Beethoven, o ano Tartini, e tamén o ano do noso querido gaiteiro, Ricardo Portela.
O equipo de dinamización da Lingua galega comprácese en convidar a todo o Xan Viaño a participar nun concurso homenaxe desta figura emblemática da cultura galega.
Propoñemos o programa Alalá adicado a Ricardo Portela como inspiración para os vosos proxectos.
Alalá nº 111 "Ricardo Portela" - TVG - YouTubewww.youtube.com › watch
A continuación deixámosvos as bases do concurso.
Ánimo e a participar!!!
BASES CONCURSO RICARDO PORTELA
Neste ano 2020, centenario do nacemento do gran gaiteiro Ricardo Portela, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega xunto co Departamento de Música Tradicional, convoca un concurso de creación artística para rendirlle homenaxe, a esta figura emblemática da cultura galega co obxectivo de dar a coñecer a súa figura, difundir o seu legado e o seu estilo e técnica interpretativa.
1. DESTINATARIOS
2. INSCRICIÓN
Poderán presentarse todo tipo de proxectos inspirados na figura de Ricardo Portela: relatos e todo tipo de creacións literarias, vídeos, audios, mapas conceptuais, todo tipo de creacións plásticas, obras musicais adicadas ou inspiradas en Ricardo Portela, interpretacións propias do seu repertorio, transcricións descritivas das súas interpretacións…
Os proxectos deberán ser orixinais e inéditos.
3. PRESENTACIÓN DOS PROXECTOS
Os proxectos poderán ser enviados á conta de correo electrónico: edlgxanviano@gmail.com, ou ben na conserxería do centro nun sobre pechado e indicando en ambos casos nome, apelidos, idade e curso.
Todos os proxectos poderán ser presentados dende o 4 de decembro ata o 5 de febreiro do 2021 (ambos inclusive).
4. XURADO
O fallo do xurado darase a coñecer o venres 12 de febreiro.
As decisións do xurado serán soberanas e inapelables.
5. PREMIO
Haberá un premio único, que será o libro: Ricardo Portela, de gaiteiro a gaiteiro, asinado polo seu autor, Carlos Núñez.
A obra premiada e o resto de obras presentadas poderán ser difundidas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e polo Departamento de Música Tradicional do CMUS Xan Viaño de Ferrol.
A inscripción no concurso supón a aceptación das bases na súa totalidade
Todas as cuestións non reflectidas nestas bases serán estudadas pola organización do concurso para a súa resolución.
Comentarios
Publicar un comentario