Maio, mes das nosas letras, e das nosas músicas!

Chega o mes das flores, dos maios, das nosas letras, e como non pode ser doutra maneira para nós, das nosas músicas!

Durante este mes de maio, iremos publicando diferentes vídeos dos nosos alumnos e alumnas interpretando obras de diferentes compositores galegos.

Celebramos a chegada deste mes, cunha obra de José Baldomir con texto de Rosalía de Castro, que é xa todo un himno para nós. Esta peza, Maio Longo, foi o broche de ouro de todas as edicións de No bico un cantar, nas que o noso Peque Coro participou.

O curso pasado, grazas á iniciativa do Consello da Cultura Galega, os nosos pequecoristas, pechados nas súas casas, puideron participar, grazas ao gran traballo de Catuxa Pita, na edición virtual de No bico un cantar, de maneira que, a pesar da pandemia e do confinamento máis duro, non deixaron de celebrar a chegada de maio.

Hoxe celebramos o 1 de maio, Día internacional dos traballadores, con esa versión dos nenos e nenas galegas, que é toda unha reivindicación da nosa cultura, da nosas letras e da nosa música.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recuncho de Rosalía

I Concurso Falamus!

Día de Rosalía no Xan Viaño