Este é o novo blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CMUS Xan Viaño de Ferrol. Aquí compartiremos con todos vós, os nosos proxectos e iniciativas a prol da nosa lingua e cultura galega.
Reto: A casa de José Fontenla Leal
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
-
Un último apuntamento… atentos á pista do cartaz que vos pode axudar a conseguir o reto…
Esperamos as vosas fotos!
Foto dos cartaces: cortesía de Alexandra Pita Evia (Equipo de Dinamización da Lingua Galega)
O EDLG comeza un novo curso cheo de proxectos e ilusións para todo o Xan Viaño! Aquí está parte do equipo deste curso desexando contar con todas e todos vós! O noso blog Amodiño ma non tropo pecha a súa etapa e a partir de agora informarémosvos de todas as nosas actividades a través das nosas redes sociais. Xa sabedes, o galego é música!
Alumnas e alumnos de Piano complementario do Xan Viaño, súmanse á homenaxe que dende o noso centro queremos renderlle este ano á figura de Carvalho Calero. Nas vindeiras semanas iremos compartindo traballos realizados por estas alumnas e alumnos, nos que, para un poema de Carvalho Calero adaptan unha das estruturas harmónicas traballadas na clase de Piano complementario. Eles poñen todo, a súa voz na poesía e a música de fondo interpretada no piano... o resultado é verdadeiramente fermoso. Hoxe compartimos a primeira fornada destes traballos das alumnas Candela Rañal (5º GP), María López Carballo (5º GP) e Blanca Alvariño (4º GP), pero xa vos adiantamos que estanse a preparar máis, que pronto publicaremos. Grazas a todas as alumnas e alumnos que participan nesta proposta, polo seu esforzo e dedicación, xa que aínda que na maioría dos casos o piano non é a súa especialidade instrumental, fanno extraordinariamente ben. Parabéns! Grazas á profesora de Piano complementari...
Hoxe presentamos unha entrega moi moi especial na nosa permanente homenaxe a Carvalho Calero, cun dos seus poemas máis fermosos recitado por varios dos nosos antigos alumnos que hoxe están polo mundo enteiro. Ferrol, 1916 emociónanos nas súas voces, e dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, non podemos estar máis orgullosas e agradecidas por colaboraren con nós na difusión do noso patrimonio cultural e na reivindicación da figura de Carvalho Calero. Parabéns a todos eles e grazas de todo corazón !
Comentarios
Publicar un comentario