Exposición de Ricardo Portela na nosa Biblioteca
Xa podemos visitar na Biblioteca do conservatorio, a exposición sobre o gaiteiro Ricardo Portela, realizada con parte dos traballos presentados no concurso Ricardo Portela organizado polo EDLG e o Departamento de Música Tradicional.
Recordade, que na entradas anteriores do blog, podedes ver e escoitar todas as obras presentadas:
https://xanvianolinguagalega.blogspot.com/2021/03/ganadores-do-concurso-ricardo-portela.html
https://xanvianolinguagalega.blogspot.com/2021/04/o-xan-viano-con-ricardo-portela.html
Moitísimas grazas ao equipo de Biblioteca do conservatorio, en especial á súa coordinadora Águeda Gutiérrez, por deixarnos un recuncho da biblioteca para esta pequena exposición e por traballar con nós con tanta ilusión, na organización de iniciativas e proxectos culturais para o noso conservatorio.
Comentarios
Publicar un comentario