Entrega de premios Concurso Ricardo Portela


O pasado luns tivo lugar no auditorio do conservatorio, a entrega de premios e diplomas aos participantes no Concurso Ricardo Portela. Ao non poder contar con público, converteuse nun acto moi familiar e entrañable, onde puidemos darlle as grazas e felicitar persoalmente aos rapaces e rapazas polos seus traballos e pola súa participación na iniciativa, animándoos tamén a que sigan colaborando neste tipo de proxectos educativos.

Grazas novamente a Sabela, profesora de gaita, por propoñerlle ao EDLG a realización deste concurso, e por motivar e animar ao alumnado, a participar nestas novas experiencias de aprendizaxe tan enriquecedoras para todos.







Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Recuncho de Rosalía

I Concurso Falamus!

Día de Rosalía no Xan Viaño