Rosa de abril
Hai mellor maneira de comezar este mes de abril que con versos de Rosalía de Castro e música de Andrés Gaos nas voces de nenos e nenas de toda Galiza? Claro que non!
Aquí temos esta linda versión na que participaron os e as pequecoristas do noso conservatorio na primeira edición de “No Bico un cantar, nenos e nenas cantan a Rosalía”, organizada polo Consello da Cultura Galega, no marco da celebración do 150 aniversario da edición de “ Cantares gallegos”.
Aquel 7 de xuño de 2013 máis de cincocentos nenos e nenas cantaban a Rosalía en Bonaval, a nosa emoción ao escoitalos anos despois é igual ou maior que aquel día.
Feliz comezo de abril con esta xoia do noso patrimonio poético-musical!
Rosalía de Castro
Comentarios
Publicar un comentario