O 8M das compositoras e intérpretes galegas


Hoxe, 8 de marzo, o mundo enteiro celebra o Día Internacional da Muller. Este Equipo de Dinamización da Lingua do Xan Viaño súmase, por suposto, a esta celebración, mais queremos dende o noso pequeno rincón de Amodiño ma non troppo poñer o foco nas nosas compositoras.

É preciso rescatar do esquencemento ás grandes compositoras galegas de música clásica, mais pouco sabemos das súas vidas, xa que a pesar de ser pioneiras a historia levounas a lugares invisibles.


Eugenia Osterberger, Obdulia Prieto ou Ángeles Gulín son tres grandes exemplos do noso patrimonio que quedaron na sombra.


Dende Amodiño ma non troppo queremos reinvidicar o patrimonio galego das compositoras e intérpretes galegas do pasado e do presente, e a mellor homenaxe que hoxe lles podemos rendir é escoitar e interpretar a súas músicas, así que vos propoñemos escoitar as verxións maxistrais de Ángeles Gulín ou esta fermosa melodía de Eugenia Osterberger.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recuncho de Rosalía

Adiós ríos adiós fontes dende o Xan Viaño

Rosa de abril