Compilación de recursos musicais de compositores galegos na nosa Biblioteca.

Dende o Equipo de Biblioteca do noso conservatorio, infórmannos dun material didáctico moi interesante que hai na biblioteca a disposición de todos. Trátase dunha publicación realizada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que ten como obxectivo a difusión de autores galegos entre o alumnado que está a formarse nos conservatorios de música. Está composta por unha compilación de composicións musicais escritas especificamente para que sirvan de material didáctico de apoio ao profesorado das distintas especialidades instrumentais, realizadas por compositores galegos. Podemos atopar obras de diferentes niveis de dificultade, para as especialidades de Clarinete, Frauta, Fagot, Óboe, Saxofón, Trompa, Trombón, Trompeta, Tuba, Contrabaixo, Arpa, Viola, Violín, Violoncello, Percusión e Guitarra.

Grazas ao equipo da Biblioteca por apoiarnos sempre nas nosas iniciativas! 

Animámosvos a que visitedes a nosa Biblioteca!




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recuncho de Rosalía

I Concurso Falamus!

Día de Rosalía no Xan Viaño