Gañadores do Concurso Ricardo Portela!
O EDLG do Xan Viaño quere en primeiro lugar, dar as grazas a todos os participantes do concurso de creación artística Ricardo Portela e darlles os nosos parabéns pola calidade dos traballos presentados.
O xurado, formado por membros do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e do Departamento de Música Tradicional, tívoo realmente difícil á hora de decidir o gañador, pois todos os traballos eran merecedores de premio. Estamos moi satisfeitas con este proxecto, pois o obxectivo principal de difundir e dar a coñecer a figura do gaiteiro Ricardo Portela, acadouse sen lugar a dúbidas, superando todas as expectativas.
Tendo en conta principalmente a orixinalidade e a creatividade dos traballos presentados, o xurado decidiu outorgar o 1º Premio a Omar Calderón Yáñez e Andrés Rodríguez Boutureira, coa súa orixinal versión da Muiñeira de Cabanas. Parabéns!
Dado o alto nivel das obras, o xurado decidiu entregar outros dous premios máis, para Elisa Sardiña López e para Iker Meizoso Sánchez.
Todos os participantes levarán un diploma de participación e un pequeno agasallo. Parabéns aos premiados e a todos os participantes!!
Como recollen as bases do concurso, o primeiro premio consiste no libro Ricardo Portela, de gaiteiro a gaiteiro de Carlos Núñez. Os outros dous premiados, recibirán o libro Ricardo Portela: Dúas palabras verbo da gaita galega escrito por Jose Luis Calle.
Anunciamos tamén, que a Asociación de Gaiteiros Galegos, doou ao noso conservatorio un exemplar deste último libro Ricardo Portela: Dúas palabras verbo da gaita galega, que estará proximamente dispoñible na nosa biblioteca do centro. Moitísimas grazas a Asociación de Gaiteiros Galegos por este detalle tan fermoso!
Dende o EDLG queremos tamén dar as grazas a profesora de gaita Sabela Olivares, por propoñernos a organización desta iniciativa de difusión da figura de Ricardo Portela, que resultou verdadeiramente enriquecedora para todos.
Proximamente iremos compartindo no blog o resto de traballos presentados. Hoxe deixámosvos o vídeo do primeiro premio para que gocedes desta marabillosa versión da Muiñeira de Cabanas de Omar Calderón Yáñez e Andrés Rodríguez Boutureira!!
Parabéns a Omar Calderón e Andrés Rodríguez...impresionante a súa versión.
ResponderEliminarQue boa a inciativa do EDLG con este concurso dedicado a un gran referente da música galega.
Grazas Catuxa polo teu comentario. Seguro que este é o primeiro de moitos máis concursos sobre grandes figuras da música galega no Xan Viaño!
ResponderEliminarParabéns aos gañadores pola vosa interpretación. É un orgullo ter músicos coma vos no conservatorio!!!
ResponderEliminarGuau!! Cómo mola está iniciativa e tamén está versión!!! Encántame!!! Parabéns!!!! Que sigan este tipo de actividades xa que hay moitos alumnos talentosos e deste xeito, estase a dar unha fermosa oportunidade e tamén recuperar a nosa música dende outra perspectiva.
ResponderEliminarParabén!!!
😍😍😍😍