A melodía do faro, Terceiro Premio do concurso de Curtas Senda dos Faros

 


Que sorpresa e que alegría ao coñecer que o CMUS Xan Viaño de Ferrol, acadou onte o terceiro premio do Concurso de Curtas Senda dos Faros, certame escolar convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Turismo e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, que ten como principal obxectivo poñer en valor a lingua, o patrimonio e a paisaxe da costa galega a través do audiovisual. 

O alumnado da materia de Novas Tecnoloxías do pasado curso 2019-2020, dirixidos polo seu profesor Xabier Mariño Álvarez realizaron a curta A melodía do faro, que conta a historia dun fareiro de Cabo Prior namorado da música, con interpretación do propio alumnado do centro.

Parabéns aos alumnos participantes na curta,  Anxo Cabado Allegue, Jéssica Criado Guinaldo, Nerea González Fernández, Hugo Loureiro Prieto, Alba Aguiar Blanco, Paula Amigo Vidal, Daniel Ardao Ríos, Nayara Fernández Piñeiro, Nora López González, David Monzón Rodríguez, Marina Pajón Area e Aitana López Caaveiro, polo seu fantástico traballo. 

Parabéns tamén ao seu profesor Xabier Mariño Álvarez pola iniciativa de levar adiante este proxecto tan fermoso e por darlle a oportunidade ao seu alumnado de vivir esta experiencia artística tan enriquecedora.

Deixámosvos o enlace da curta A melodía do faro, para que gocedes deste fantástico traballo!!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recuncho de Rosalía

O noso primeiro recital poético foi un éxito

Día de Rosalía no Xan Viaño