Leos Janáček e a súa sonata para piano “1 de outubro de 1905”
Neste 21 de febreiro, Día da Lingua Materna, queremos recomendarvos esta sonata de Janáček, xa que é todo un manifesto.
Esta obra estrenouse co título de Na rúa, a 1 de outubro de 1905. Este título débese ao feito de que esta sonata foi a resposta de Janáček aos tráxicos acontecementos de tal día.
O sentimento nacionalista bule polas provincias do Imperio, e os checos loitan pola a súa identidade cultural e lingüística. Unha manifestación en Brno en apoio da fundación dunha universidade checa, que ensine en checo e non en alemán remata cos soldados do emperador cargando contra os manifestantes e coa morte do aprendiz de carpinteiro de vinte anos, Fantisek Paulík. O impacto deste feito conmoveu a Janáček e levouno a escribir esta sonata, dividida en dous movementos, O Presentimento e A morte.
Os estudos que Janáček realizou arredor da fonética da lingua checa xunto ás investigación sobre a música tradicional leváronno a un estilo musical propio e orixinal. Janáček está considerado como un dos compositores checos máis importantes, xunto a Dvorák e Smetana.
Propoñémosvos a impresionante versión de Lazar Berman.
Comentarios
Publicar un comentario