Día Internacional da Lingua materna
Mañá 21 de febreiro celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Lingua materna co obxectivo de preservar e protexer todos os idiomas e dialectos que se falan no mundo.
Celébrase este día para rendirlle homenaxe ao pobo de Bangladesh, xa que, no ano 1952, cando os seus habitantes estaban na rúa celebrando o Día do Movemento da Lingua Bengalí, foron atacados polo exército de Pakistán. Moitos foron asasinados, aínda así, moitos mantivéronse firmes defendendo o seu dereito universal a expresarse na súa lingua.
A diversidade lingüística está cada día máis ameazada. Cada dúas semanas, como promedio, unha lingua desaparece, e con ela todo un patrimonio cultural e intelectual.
Hoxe máis que nunca, debemos defender os dereitos das sociedades multilingües, e non podemos permitir nin ser cómplices da extinción de todo un patrimonio cultural.
Comentarios
Publicar un comentario