I Concurso Falamus!

Como ben sabedes o Xan Viaño ten unha revista que se publica anualmente. Pois ben, este ano gustaríanos contar coa axuda de todas e todos para deseñar a portada da contraportada da nosa revista.

Con esta idea o EDLG convoca este primeiro concurso de debuxos, fotografías e deseños para que todo o profesorado, alumnado, pais e nais, e resto da comunidade educativa participe na nosa revista Falamus! nº 14


Collede lápiz, ordenador ou cámara e mandade os vosos proxectos!


Atentos! Achegamos as bases deste concurso, mais tamén as tedes na conserxería ou no taboleiro do EDLG.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recuncho de Rosalía

Día de Rosalía no Xan Viaño