Este ano escríbese con X, de Xela Arias e de Xan Viaño, que está de 30 aniversario! Hoxe, no Día das Letras Galegas, énchenos de orgullo publicar esta emocionante versión do Himno Galego que nos achegan os nenos e nenas de cuarto de grao elemental. Se hai algo que nos une a todos e todas é o noso himno, e grazas a estes nenos e nenas que novamente colaboran con este equipo, podemos escoitalo. Grazas tamén á súa profesora de linguaxe musical, Catuxa Pita, por tantas e tantas horiñas de traballo que fan posible que co uso das novas tecnoloxías poidamos seguir escoitando as voces destes nenos e nenas con seguridade, nestes tempos de pandemia que estamos a vivir. Recentemente fixemos unha actividade de difusión da figura de Fontenla Leal, así que aproveitamos o día de hoxe para lembrar a importancia da súa figura na elaboración do noso himno. Hoxe é o día de Xela Arias, o de Carvalho Calero, o das nosas letras, o das nosas músicas, e en definitiva, o día de todos os galego...
Comentarios
Publicar un comentario