25 anos difundindo o noso patrimonio!


Partituras de editorial Viso na Biblioteca Fontela Leal do Cmus Xan Viaño

Este ano a editorial Viso cumpre 25 anos. 25 anos dunha intensísima labor de difusión da obra dos autores galegos e grazas á cal autores como Marcial del Adalid, Xoan Montes ou Chané foron recuperados para os repertorios habituais de concerto. 

Nunha interesantísima entrevista publicada por La Voz de Galicia, Margarita Soto Viso, fundadora da editorial, sinala a importancia de que os nosos compositores cheguen a ser estudados ao mesmo nivel que o resto de artistas dentro da cultura e da arte.

A editorial Viso leva estes 25 anos traballando incansablemente para que os nosos autores cheguen a formar parte dos nosos repertorios, e agora é o noso traballo facer soar todas estas partituras!

Achegámosvos o enlace da entrevista a Margarita Soto Viso: A editorial dedicada a publicar partituras de autores galegos cumpre 25 anos.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recuncho de Rosalía

I Concurso Falamus!

Día de Rosalía no Xan Viaño