Aula 1, Afonso X O Sabio

 Como sabedes, este ano dentro do proxecto O galego é música, nomeamos as aulas do conservatorio con compositores e músicos galegos importantes para a nosa música e cultura, co obxectivo de visibilizar a súa figura.

Hoxe queremos presentar a Aula 1, que leva o nome de Afonso X O Sabio. 

 A través de dous interesantísimos traballos, retrocederemos no tempo e achegarémonos ata a figura de Afonso X, o mecenas universal da arte e a cultura na Idade Media.

A primeira achega é unha gravación do alumno de guitarra Romeo Caaveiro Martínez de 1º GP que interpreta dúas transcripcións de Cantigas de Afonso X O Sabio: Cantiga a Santa María e Rosa das Rosas.

Moitas grazas a Romeo pola súa fermosa interpretación, e á súa profesora Águeda Gutiérrez por animalo a participar no noso proxecto O galego é música. Grazas tamén ao profesor Javier Alama membro do EDLG, pola edición do vídeo.

O segundo traballo é unha presentación realizada polo alumnado do conservatorio, que nos aproxima á vida e obra de Afonso X. Grazas ao grupo de conxunto de gaitas que nos interpreta a famosa melodía da cantiga nº 100, Santa María Strela do día e ao seu profesor Pedro Álvarez por colaborar neste traballo. 

Grazas tamén aos narradores do vídeo, que coas súas voces nos achegan a esta figura tan importante da nosa historia que todos e todas debemos coñecer.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

17 de maio. Himno galego

Carvalho Calero no mundo enteiro

Adiós ríos adiós fontes dende o Xan Viaño