"A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía" en Ferrol
O 21 de abril inaugurouse a exposición itinerante A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía, que estará na Praza da Constitución da Ferrol, ata ata o 3 de maio e logo percorrerá outras cidades de todo o país.
Esta mostra exterior fai un repaso pola historia desta Casa-Museo que se abriu ao público o 15 de xullo de 1971, en pleno franquismo grazas á implicación de milleiros de persoas e entidades de todo o país e da emigración.
Na seguinte ligazón tedes máis información sobre esta interesante exposición:
https://rosalia.gal/que-facemos/axenda/exposicion-sobre-os-50-anos-da-casa-de-rosalia-en-ferrol/
Animádevos a visitala nos xardíns do Cantón e coñecer máis da historia da nosa querida Rosalía de Castro.
Comentarios
Publicar un comentario