Aula 15 Paulino Pereiro
Paulino Pereiro (A Coruña, 1957) é un dos compositores galegos contemporáneos máis recoñecidos na actualidade. Membro fundador da Academia Galega de Compositores, Paulino presenta un estilo compositivo moi marcado enfocado cara á música sinfónica, de cámara, teatral e cinematográfica cun catálogo que supera as 250 obras. Dentre elas, destacan firmemente a Sinfonía nº 1, “Paisaxes imaxinárias” Op. 62 estreada pola Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), O inferno de Dante Op. 61 estreada pola Real Filharmonía, Orfeo e Dionisos Op. 67 (Real Filharmonía) e Ceo Op. 54 (OSG).
Na súa faceta compositiva camerística é moi variada respecto ás formacións empregadas, varía dende os ensembles instrumentais, pasando polo cuarteto de violonchelos, quinteto de metais ou música con piano, entre outras. Como mostra delas, deixámosvos esta Peza para fagot e piano Op. 223 que resume o seu estilo marcado froito da mestura sonora que poderíamos atribuír á música de vanguardia do siglo XX.
Como agradecemento, salientar a interpretación da nosa profesora Iria Hevia (piano) e o noso profesor Javier Alama (fagot) pola conxunción sonora e pola fidelidade na execución musical da peza de Pereiro.
Comentarios
Publicar un comentario