Musicando a Carvalho Calero 2ª entrega



Comezamos o mes de febreiro, cunha segunda entrega dos traballos realizados polo alumnado de piano complementario na nosa homenaxe á figura de Carvalho Calero. Como recordaredes, as alumnas e alumnos de Piano complementario do Xan Viaño, póñenlle voz e música á súa poesía, resultando traballos verdadeiramente fermosos e profesionais.   

Compartimos hoxe, os poemas interpretados por Daniela Redondo (5º GP), Elisa Sardiña (6º GP) e Nuno Brites (4º GP).

Grazas a todas as alumnas e alumnos que participan nesta iniciativa, por aceptar este reto de recitar, crear e interpretar no piano, o que supón un gran esforzo, tendo en conta ademáis, que o piano non é a súa especialidade instrumental. 

Grazas ás súas profesoras de Piano complementario Raquel Paz e Alma Cendán, por animalos a participar nesta iniciativa do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Xa adiantamos, que publicaremos máis traballos ao longo do curso, pois o proxecto está tendo moi boa acollida no centro.

Esperamos que gocedes tanto coma nós, escoitando e sentindo a música e a poesía de Carvalho Calero, nas voces e mans, das nosas alumnas e alumnos do Xan Viaño!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

17 de maio. Himno galego

Recuncho de Rosalía

Adiós ríos adiós fontes dende o Xan Viaño