2021 é galego!
O 2021 chega cargado de ilusións e proxectos para este Equipo de Dinamización da Lingua. Por diante temos a bonita iniciativa de nomear as aulas do conservatorio con nomes de grandes compositor@s e intérpretes galeg@s, continuar coa nosa homenaxe musical a Carvalho Calero, a resolución do Concurso Ricardo Portela… e moito máis!
Estamos desexando compartir todo isto con todos vós e como non, abertas a novas propostas.
Se cadra, súmase a toda esta emoción alguén de vós que ten entre os seus novos propósitos para este ano dar o paso definitivo ao galego. Benvidos tamén!
Amodiño, ma non troppo!
Comentarios
Publicar un comentario