Ampliación do prazo de participación no Concurso Ricardo Portela


Amplíase o prazo de participación no concurso de creación artística Ricardo Portela ata o 1 de marzo.

Compartimos de novo as bases do concurso, animádevos  a participar!!!


BASES CONCURSO RICARDO PORTELA

Neste ano 2020, centenario do nacemento do gran gaiteiro Ricardo Portela, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega xunto co Departamento de Música Tradicional, convoca un concurso de creación artística para rendirlle homenaxe, a esta figura emblemática da cultura galega co obxectivo de dar a coñecer a súa figura, difundir o seu legado e o seu estilo e técnica interpretativa.


1. DESTINATARIOS

Poderán participar todos os alumnos e alumnas do Xan Viaño de todas as idades e todos os cursos.

2. INSCRICIÓN

Poderán presentarse todo tipo de proxectos inspirados na figura de Ricardo Portela: relatos e todo tipo de creacións literarias, vídeos, audios, mapas conceptuais, todo tipo de creacións plásticas, obras musicais adicadas ou inspiradas en Ricardo Portela, interpretacións propias do seu repertorio, transcricións descritivas das súas interpretacións…
Os proxectos deberán ser orixinais e inéditos.

3. PRESENTACIÓN DOS PROXECTOS

Os proxectos poderán ser enviados á conta de correo electrónico: edlgxanviano@gmail.com, ou ben na conserxería do centro nun sobre pechado e indicando en ambos casos nome, apelidos, idade e curso.
Todos os proxectos poderán ser presentados dende o 4 de decembro ata o 1 de marzo do 2021 (ambos inclusive).

4. XURADO

O xurado do concurso estará formado polos membros do Equipo de Dinamización da Lingua e o Departamento de Música Tradicional.
O fallo do xurado darase a coñecer o venres 12 de marzo.
As decisións do xurado serán soberanas e inapelables.

5. PREMIO

Haberá un premio único, que será o libro: Ricardo Portela, de gaiteiro a gaiteiro, asinado polo seu autor, Carlos Núñez. 
A obra premiada e o resto de obras presentadas poderán ser difundidas polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e polo Departamento de Música Tradicional do CMUS Xan Viaño de Ferrol.


A inscripción no concurso supón a aceptación das bases na súa totalidade
Todas as cuestións non reflectidas nestas bases serán estudadas pola organización do concurso para a súa resolución.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recuncho de Rosalía

I Concurso Falamus!

Día de Rosalía no Xan Viaño