Chegou o Samaín!

 

Esta noite celebramos o Samaín, unha celebración galega de orixen celta que o cristianismo transformou no Día de Todos os Santos. Nesta noite especial do 31 de outubro comezaba o Ano Novo Celta, e remataba o verán e comezaba o inverno. A tradición conta que nesta data ábrese a porta que une o mundo dos vivos e dos defuntos, e as ánimas visítannos esta noite. Era costume baleirar nabos e ponerlle unha vela no interior para alumear os camiños e as entradas das casas para escorrentar aos malos espíritus. Os nenos e as nenas, saían á rúa nestes días con colares de zonchos, feitos con castañas con pel, cocidas en auga con fiuncho, que logo comían.

Nesta noite de medo, queremos recomendar a audición da Danza macabra (Danse Macabre Op. 40) do compositor francés Camille Saint-Saëns. Este poema sinfónico  representa á Morte tocando o violín á media noite, mentres os esqueletos bailan ritmicamente arredor dunha tumba ata o mencer.



Non deixemos que as nosas tradicións queden no olvido, forman parte do patrimonio cultural da nosa terra.

Gozade do Samaín!!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

17 de maio. Himno galego

Carvalho Calero no mundo enteiro

Adiós ríos adiós fontes dende o Xan Viaño