Recital poético no Xan Viaño!



Este mércores ás 12.30 temos unha cita con poesía e a música no noso auditorio. Música e poesía están íntimamente vencelladas e nesta ocasión teremos oportunidade de desfrutalos grazas ao recitado do alumnado do IES Carvalho Calero acompañados pola música creada polo noso propio alumnado.

A piques de rematar este mes de marzo no que intentamos visibilizar o papel das mulleres compositoras, poñemos agora o foco nas poetisas galegas. Unha oportunidade única de coñecer novas autoras, a súa poesía, e como non, desfrutar da música.

Esperemos que esta sexa a primeira das nosas colaboracións co Carvalho Calero. Vémonos este mércores no auditorio José Arriola!.










 

Comentarios

Publicacións populares deste blog

17 de maio. Himno galego

Carvalho Calero no mundo enteiro

Adiós ríos adiós fontes dende o Xan Viaño