Gran éxito do certame do XIX Certame de creación musical!



Dende o EDLG queremos dar os nosos parabéns a todos e todas as participantes do XIX Certame de Creación musical do Xan Viaño e ás profesoras do departamento de Composición polo gran éxito desta edición.

Presentáronse un total de 12 obras, algunhas delas para piano só outras para trombón ou acordeón e música de cámara con dúos de trompa e piano, viola e arpa ou violonchelo e piano e un trío para clarinete, fagote e viola.

Ata houbo unha compositora de grao elemental que compuxo para ensemble con frauta, dous clarinetes, congas e piano!

As profesoras do departamento de Composición consideran que todas as obras presentadas son aptas para a estrea, e estas foron as obras galardoadas:

-Primeiro premio: Harmonies ooubliéees e Luz de luna

-Segundo premio: Pirate Song e Rondó

-Terceiro premio: Recordos de outono

As obras gañadoras do primeiro premio serán estradas no Concerto das Letras galegas do 16 de maio no Teatro Jofre e o resto escoitarémolas o 19 de maio no noso auditorio.

Todo un éxito de creación musical!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recuncho de Rosalía

I Concurso Falamus!

Día de Rosalía no Xan Viaño