Aula 27. Canuto Berea


A nosa aula 27 leva o nome de Canuto Berea, pianista, violinista, profesor, compositor e empresario galego, figura fundamental na difusión da nosa música, e tamén quen tivo a primeira tenda de instrumentos musicais de Galiza.

Dende hoxe temos un novo fondo na nosa biblioteca para poder achegarnos máis á súa figura e ao seu legado. O libro titulado "La Saga Berea en la ciudad herculina" do que é autor Nilo Jesús García Armas, será presentado este venres 27 na Biblioteca Provincial da Coruña mais dende xa está á vosa disposición no Xan Viaño!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recuncho de Rosalía

O noso primeiro recital poético foi un éxito

Día de Rosalía no Xan Viaño