Únete ao Equipo de lingua do Xan Viaño!

Iniciamos este novo curso coa mesma ilusión de sempre e con moitas ganas de seguir traballando pola promoción da nosa lingua galega. 

Durante as vacacións de verán coñeciamos unha boa nova: O CMUS Xan Viaño recibiu o Premio á innovación en dinamización lingüística polo proxecto que levamos a cabo o curso pasado O galego é música, recibindo a consideración de excelente, xunto con outros catro proxectos máis, tamén premiados.

Na seguinte ligazón podedes ver toda a información: https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/37626

Este recoñecemento supón para todo o  Xan Viaño unha fonte de motivación para seguir traballando pola nosa lingua e cultura, e de xeito especial,  pola música das nosas compositoras e compositores galegos.

Dende o EDLG, queremos convidar a todo o alumnado que así o desexe, a participar directamente con nós no noso programa de promoción da lingua e formar parte do noso equipo. Precisamos das vosas ideas!

Se estás interesada ou interesado, escríbenos un correo a edlg.cmus.xanviano@edu.xunta.gal, ou ponte en contacto con algún destes profes: Alexandra, Catuxa, Joe, Javi Alama e Alma

Estaremos encantados e encantadas de contar coa vosa colaboración! Animádevos!!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

17 de maio. Himno galego

Carvalho Calero no mundo enteiro

Adiós ríos adiós fontes dende o Xan Viaño