Javier Vázquez Grela en O galego é musica

Onte tivo lugar o último concerto deste curso de O galego é música do Plan Proxecta +, no que tivemos o pracer de escoitar de novo, ao gran pianista Javier Vázquez Grela. 
Javier Vázquez Grela, como sabedes é un pianista nado na Coruña, que actuou por todo o mundo como solista e como pianista acompañante. 
Onte interpretou na primeira parte do concerto a Suite Francesa nº 1 en re menor de J. S. Bach e a Chacona para man esquerda soa de Bach/Brahms. 
Foi na segunda parte o momento para a música de compositores galegos actuais, Juan Durán e Paulino Pereiro, os cales tiveron a xentileza de asistir ao concerto. Escoitamos a Fantasía sobre O Galopín de Juan Durán e a Sonata nº 2 Op. 182 (en 4 movementos) de Paulino Pereiro, obras que emocionaron enormemente ao público asistente.


Moitísimas grazas a Javier por compartir de novo a súa música co Xan Viaño e darnos a oportunidade de escoitar e coñecer o repertorio dos nosos compositores galegos. Grazas tamén a Juan Durán e Paulino Pereiro por achegarse ata o Xan Viaño e asistir a este concerto tan especial.



Con novas ideas e proxectos... sen dúbida continuaremos o próximo curso visibilizando e proxectando a música dos nosos compositores e compositoras galegas. 


O galego é música!





Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recuncho de Rosalía

Rosa de abril

I Concurso Falamus!