Tamén na materia de Conxunto, O galego é música!

 Compartimos tres pezas do compositor galego Antonio Cerviño Loira, interpretadas por alumnado da materia de conxunto da especialidade de piano. Estas fermosas pezas, orixinalmente para piano a 4 mans, son interpretadas nesta ocasión a dous pianos, polas actuais restricións impostas pola Covid19.

Grazas a Marta Ramos López de 1º GP e Sara Gil Vigo de 2º GP, que interpretan Tiruliru,  a Andrei Cosmin Condurat de 1º GP e Martín Díaz Fernández de 2º GP pola súa Panxoliña,  e a Antía Iglesias Fariña de 2º GP e Indara Brocos Furelos de 2º GP, que interpretan Muiñeira de Montesampaio.

Grazas tamén a súa profesora Judith Fernández Casero, pola súa total implicación co noso proxecto O galego é música do Plan Proxecta+, que como sabedes busca a visibilización e difusión da obra dos nosos compositores e compositoras galegas. De seguro que con todas estas iniciativas e achegas, estámolo acadando!











Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recuncho de Rosalía

I Concurso Falamus!

Día de Rosalía no Xan Viaño