Día de Rosalía 2022

O Xan Viaño únese a homenaxe que toda Galicia lle rende hoxe á nosa querida Rosalía de Castro.

Resulta moi emocionante escoitar os versos de Cantarte hei, Galicia, un dos poemas iniciais de Cantares Gallegos, nas voces dos nosos queridos alumnos e alumnas de 6º GP, rapaces e rapazas que vimos medrar como persoas e coma músicos no Xan Viaño.

Como música de fondo, podemos escoitar a marabillosa música do compositor galego Andrés Gaos, concretamente a Sinfonía nº 2 Nas montañas de Galicia.

Moitísimas grazas ao alumnado participante, por colaborar con nós nesta iniciativa. A pesar de estar desbordados polos estudos, fixéronnos un oco para gravar os fermosos versos deste poema para esta ocasión tan especial. Son todo un exemplo de esforzo e responsabilidade, sen dúbida o orgullo do Xan Viaño.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recuncho de Rosalía

I Concurso Falamus!

Día de Rosalía no Xan Viaño