Novos contos en galego na nosa biblioteca!
Dende o equipo de Biblioteca nos informan da chegada duns fermosos contos en galego sobre importantes compositores da historia. Mozart e a frauta máxica, Está anoxado, señor Beethoven?, O violín máxico de Vivaldi e A fuga do señor Bach, son os títulos desta colección da editorial Galinova, que agora podemos desfrutar na nosa biblio. Recomendados para o alumnado de grao elemental, contan cunhas fermosas ilustracións e un textos en galego moi entretidos, que nos achegarán de forma moi amena, ás figuras de Mozart, Beethoven, Vivaldi e Bach.
Que mellor plan para o Nadal, que escoitar música e ler contos en galego, e por riba de temática musical!
Achégate á biblio e colle prestado o teu libro!
Grazas ao Equipo de Biblioteca por ampliar os fondos en galego do Xan Viaño, e por colaborar sempre co noso EDLG.
Comentarios
Publicar un comentario