María Solinha

Coñecedes e lenda de María Solinha? Pois hoxe chega ás salas de cine de Ferrol a película que traslada aos nosos tempos esta figura do século XVII, acusada de bruxería e queimada pola Inquisición.

Dende este Equipo de Dinamización da Lingua queremos apoiar o cine en galego e animarvos a aproveitar este días para desfrutar desta película, que conta ademais cunha marabillosa banda sonora escrita por Abraham Cupeiro.

A estrea é hoxe, pero mañá haberá un coloquio co director, Ignacio Villar, despois da proxección da película.


Non o perdades!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recuncho de Rosalía

I Concurso Falamus!

Día de Rosalía no Xan Viaño