Estrea de Hildegart de Juan Durán
Un dos proxectos que iniciamos o ano pasado, e co que continuamos este curso, é a visibilización da figura e obra dos nosos compositores e compositoras galegas. Nos auditorios e conservatorios, apenas se programan obras creadas por compositoras e compositores nados en Galicia, polo que pensamos que é preciso sacar á luz todo este valioso patrimonio cultural, e instauralo nas nosas ensinanzas de música.
Por iso, o vindeiro venres día 8 de outubro, ás 20:30 h, no auditorio de Ferrol, temos a gran oportunidade de asistir a estrea absoluta da obra Hildegart (Ballet) composta polo galego Juan Durán, a cargo da Real Filharmonía de Galicia.
A Real Filharmonía de Galicia abre a súa tempada 2021/2022 con este concerto titulado Viaxeiras Rebeldes, no que se interpretará Hildegart, peza baseada na tráxica historia de Hildegart Rodríguez Carballeira, e Cincenta (Ballet-selección) de Sergei Prokofiev, ambas baixo a dirección de Paul Daniel.
Deixámosvos mais información, nas seguintes ligazóns:
Animádevos a asistir a este gran concerto!
Comentarios
Publicar un comentario