De Halloween ao Samaín (Samhain)



A celebración do Halloween como festividade actual parece que provén da sociedade estadounidense na que todo o mundo adoita disfrazarse dunha personaxe terrorífica para seguir coa tradición de visitar os fogares da veciñanza e recoller así o ansiado premio larpeiro, un puñado de doces tras a pronuncia do típico “truco ou trato”. Lamentablemente e malia que a tradición parece que pertence ao país “yankee” é absolutamente un erro, non nos deixemos levar por convencionalismos comerciais. 

O Samaín (Samhain en gaélico) é unha tradición págano-milenaria orixinal do pobo celta para designar o fin do verán, e desta maneira, celebrar no último día do período estival e da fin da colleita (31 de outubro), a transición do estío á tempada de inverno (1 de novembro). Para os celtas, esta data tiña moito significado, xa que era o momento do ano no que se permitía transitar entre o mundo dos vivos e dos mortos, e desta forma pechábase a tempada “clara” para dar comezo á tempada “escura”.  

Nesta festividade, os druídas preparaban o rito mediante danzas, lumes e disfrazábanse con peles de animais para confundir aos malos espíritos e guiar así ás ánimas no seu camiño.  Na nosa terra, aínda se conserva esta tradición nalgunhas rexións onde dise que hai aldeas que se envolven nun halo de lume místico para guiar ás ánimas ao seu descanso eterno, e deste xeito albiscar o paso da “Santa Campaña” para non ser engulido. E ti, aínda pensas saír a noite do Samaín sen disfrazarte? Déixote unha canción da nosa querida Uxía Lambona para que o penses!




Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recuncho de Rosalía

I Concurso Falamus!

Día de Rosalía no Xan Viaño