De Halloween ao Samaín (Samhain)
A celebración do Halloween como festividade actual parece que provén da sociedade estadounidense na que todo o mundo adoita disfrazarse dunha personaxe terrorífica para seguir coa tradición de visitar os fogares da veciñanza e recoller así o ansiado premio larpeiro, un puñado de doces tras a pronuncia do típico “truco ou trato”. Lamentablemente e malia que a tradición parece que pertence ao país “yankee” é absolutamente un erro, non nos deixemos levar por convencionalismos comerciais. O Samaín (Samhain en gaélico) é unha tradición págano-milenaria orixinal do pobo celta para designar o fin do verán, e desta maneira, celebrar n o último día do período estival e da fin da colleita (31 de outubro), a transición do estío á tempada de inverno (1 de novembro). Para os celtas, esta data tiña moito significado, xa que era o momento do ano no que se permitía transitar entre o mundo dos vivos e dos mortos, e desta forma pechábase a tempada “clara” para dar comezo á tempada “escura”. Nesta fe