Arrincamos!

Dende EDLG queremos darvos a benvida a este novo curso, e invitarvos a participar con nós nos proxectos e iniciativas que temos programadas no conservatorio, a prol do fomento da nosa lingua e a nosa cultura, e que precisan a implicación de toda a comunidade educativa.

Sabedes que estamos abertos as vosas suxestións e propostas, así que podedes escribirnos ao email do EDLG do Xan Viaño edlgxanviano@gmail.com. Estaremos encantados de recibir as vosas achegas!

E para comezar con moita forza este novo curso, queremos compartir un vídeo que se fixo viral e que seguro xa coñecedes, que amosa a triste realidade do galego nas novas tecnoloxías.  Deixámosvos con Moiraima, a meniña que con tanta tenrura e simpatía, nos abraia e nos dá folgos para continuar promovendo e defendendo a nosa lingua.

https://www.facebook.com/alexandra.fisteus/posts/10226912876152366

Fonte orixinal de Alexandra Fisteus


Fonte da ilustración: A SILVEIRA de KIKO DA SILVA - 19/09/2021 EL CORREO GALLEGO 

https://www.elcorreogallego.es/opinion/a-silveira/a-silveira-do-dia-KY9023682?fbclid=IwAR18kfwQLazVC_i4HeXAy4fbmoeax8NSB43mJof_9dZU4z1hvAEzTwYkpq4

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recuncho de Rosalía

Rosa de abril

I Concurso Falamus!