As nosas muiñeiras da clase de gaita.
Estes alumnos de primeiro de profesional de gaita remataron o curso desenvolvendo a súa creatividade mediante a composición de muñeiras de corte tradicional. Este xénero propio e senlleiro de Galicia atópase integrado no repertorio de todo gaiteiro e gaiteira e foi inmortalizado nos seus escritos por escritoras como Rosalía de Castro.
Parabéns ao alumnado compositor destas fermosas muiñeiras, e tamén moitísimas grazas a súa profesora de gaita Sabela Olivares, por colaborar sempre co noso equipo en actividades tan interesantes como esta, a favor da lingua, cultura e música galega.
Comentarios
Publicar un comentario