Este é o novo blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CMUS Xan Viaño de Ferrol. Aquí compartiremos con todos vós, os nosos proxectos e iniciativas a prol da nosa lingua e cultura galega.
Cancelación do concerto de Javier Otero
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
-
Lamentamos ter que comunicarvos que por motivos de forza maior o concerto de Javier Otero Neira do vindeiro luns 13 de marzo ten de ser adiado para unha data posterior.
O EDLG comeza un novo curso cheo de proxectos e ilusións para todo o Xan Viaño! Aquí está parte do equipo deste curso desexando contar con todas e todos vós! O noso blog Amodiño ma non tropo pecha a súa etapa e a partir de agora informarémosvos de todas as nosas actividades a través das nosas redes sociais. Xa sabedes, o galego é música!
Este ano escríbese con X, de Xela Arias e de Xan Viaño, que está de 30 aniversario! Hoxe, no Día das Letras Galegas, énchenos de orgullo publicar esta emocionante versión do Himno Galego que nos achegan os nenos e nenas de cuarto de grao elemental. Se hai algo que nos une a todos e todas é o noso himno, e grazas a estes nenos e nenas que novamente colaboran con este equipo, podemos escoitalo. Grazas tamén á súa profesora de linguaxe musical, Catuxa Pita, por tantas e tantas horiñas de traballo que fan posible que co uso das novas tecnoloxías poidamos seguir escoitando as voces destes nenos e nenas con seguridade, nestes tempos de pandemia que estamos a vivir. Recentemente fixemos unha actividade de difusión da figura de Fontenla Leal, así que aproveitamos o día de hoxe para lembrar a importancia da súa figura na elaboración do noso himno. Hoxe é o día de Xela Arias, o de Carvalho Calero, o das nosas letras, o das nosas músicas, e en definitiva, o día de todos os galego...
Dende o EDLG queremos dar os nosos parabéns a todos e todas as participantes do XIX Certame de Creación musical do Xan Viaño e ás profesoras do departamento de Composición polo gran éxito desta edición. Presentáronse un total de 12 obras, algunhas delas para piano só outras para trombón ou acordeón e música de cámara con dúos de trompa e piano, viola e arpa ou violonchelo e piano e un trío para clarinete, fagote e viola. Ata houbo unha compositora de grao elemental que compuxo para ensemble con frauta, dous clarinetes, congas e piano! As profesoras do departamento de Composición consideran que todas as obras presentadas son aptas para a estrea, e estas foron as obras galardoadas: -Primeiro premio: Harmonies ooubliéees e Luz de luna -Segundo premio: Pirate Song e Rondó -Terceiro premio: Recordos de outono As obras gañadoras do primeiro premio serán estradas no Concerto das Letras galegas do 16 de maio no Teatro Jofre e o resto escoitarémolas o 19 de maio no noso auditorio. Todo un éxi...
Comentarios
Publicar un comentario