17 de maio. Himno galego

Este ano escríbese con X, de Xela Arias e de Xan Viaño, que está de 30 aniversario!

Hoxe, no Día das Letras Galegas, énchenos de orgullo publicar esta emocionante versión do Himno Galego que nos achegan os nenos e nenas de cuarto de grao elemental. 

Se hai algo que nos une a todos e todas é o noso himno, e grazas a estes nenos e nenas que novamente colaboran con este equipo, podemos escoitalo. 

Grazas tamén á súa profesora de linguaxe musical, Catuxa Pita, por tantas e tantas horiñas de traballo que fan posible que co uso das novas tecnoloxías poidamos seguir escoitando as voces destes nenos e nenas con seguridade, nestes tempos de pandemia que estamos a vivir.

Recentemente fixemos unha actividade de difusión da figura de Fontenla Leal, así que aproveitamos o día de hoxe para lembrar a importancia da súa figura na elaboración do noso himno. 

Hoxe é o día de Xela Arias, o de Carvalho Calero, o das nosas letras, o das nosas músicas, e en definitiva, o día de todos os galegos e galegas.

Celebremos este día cantando todos xuntos o noso himno!


Comentarios

  1. 👏👏👏👏 Feliz día das nosas letras

    ResponderEliminar
  2. Parabéns!!! Qué a música siga e que acompañe á nosa língua tan fermosa e chea de matices 🥰🥰😍😍😍😍🎉🎉🎉🎉🎉
    Fagamos o día das letras galegas todos os días!!

    ResponderEliminar
  3. Emocionante escuchar una de las canciones más hermosas para mi , por muchos motivos , como galega de moi perto de Pondal e por o esprito que nos inculcaron de mérito de ser quen somos aqueles mestres dos 70 / 80.
    Preciosas esas voces y además han tenido la suerte de entrar a sentir algo que siempre quedará dentro de sus corazones ....y de los nuestros .
    Precioso . Moitas gracias nenos e mestres .

    ResponderEliminar
  4. Maravillosa interpretación!! Parabens

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Recuncho de Rosalía

O noso primeiro recital poético foi un éxito

Día de Rosalía no Xan Viaño