Abraham Cupeiro no Xan Viaño


 Moi emocionados saímos onte do marabilloso espectáculo que vivimos con Abraham Cupeiro co seu Resoando no Pasado. Moitos de nós, despois de moito tempo por mor da pandemia, sentíamos de novo a satisfacción e a ilusión dun concerto tan especial no noso auditorio. 

Co aforo completo, nenos e maiores desfrutamos dunha viaxe trepidante por todo o mundo e por toda a nosa historia. Pedagóxico, divertido, e moi moi emocionante, Abraham fixo que o tempo pasase moi axiña e que puidésemos experimentar e revivir intensamente a música dos nosos antepasados.

Estamos inmensamente agradecidos a Abraham, Coordinador do EDLG do Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes de Lugo, pola súa xenerosidade ao compartir desinteresadamente todo o seu talento e seu gran traballo co Xan Viaño. 

Dende o noso EDLG esperamos que esta colaboración co EDLG do CMUS Xoán Montes de Lugo, sexa a primeira de moitas iniciativas conxuntas a prol da nosa cultura e a nosa lingua.






Algunas fotos máis de Abraham cos nenos asistentes despois do concerto, que quedaron abraiados cos seus instrumentos! 





Grazas Abraham!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

17 de maio. Himno galego

Adiós ríos adiós fontes dende o Xan Viaño

Carvalho Calero no mundo enteiro